Convocatoria para o Fanzine do Bacharelato de Artes

ilustración de Juan Molina Fernández

Convocatoria para toda a comunidade educativa do IES María Soliño. O Fanzine que editarase este curso baixo a dirección de Juan Molina Fernández, debuxante e alumno do Bacharelato de Artes, non necesita máis colaboradores porque temos de abondo cos alumnos de debuxo artístico II. Ainda así estariamos encantados de contar con colaboracións voluntarias. A única premisa e que pode ser un artigo, debuxo, viñeta, poesia, caligrama, banda deseñada, collage, foto-montaxe etc que teña que ver con calquera cuestión que sexades capaces de relacionar con calquera expresión artística. Baixo a filosofía do Fanzine que é unha publicación independente e sen censuras. Dependerá da vontade da xente creativa  Podense entregar as achegas directamente ao director da revista, na aula 7B taller2 ou ao mail bacharelato.de.artes@gmail.com http://revistadixitaldearte.blogspot.com/.