Nestes días as familias de dous profesores do departamento de Artes do IES María Soliño expoñen obras artísticas en diferentes puntos da provincia de Pontevedra.
Carlos Valle Suarez e José Manuel García Plazuelo (Joseba) dous dos catro profesores do departamento de Artes no curso 2011-2012 amosan parte da sua obra e as da sua familia.
Mª Xosé e Carlos na sala de exposición do auditorio de Cangas e Sara Valle Fernández na Capela do Hospital con fotografías para a Protectora de animais do Morrazo (tamén en Cangas).
Por outra banda os uruguayos oriundos Claudia e o seu pai Walter Branca con pinturas coa técnica oriental do batik, e fotografías e foto-composicións de Joseba en catro espazos saudables diferentes de Vigo, Cangas e Gondomar. Máis información facendo click en cada un dos nomes.

Acrílico e técnica mixta sobre tela de Joseba García Plazuelo e cartaz para as exposición fotográficas ata xaneiro
obras de Mariajo Fernández e Carlos del Valle
Cartaz de Claudia Branca
Ambas familias apostan tamén por mostras e actividades solidarias estes dias de Nadal con exposición para concienciar sobre organizacións necesitadas da nosa axuda levadas por colectivos con proxectos plausibles nados na nosa península do Morrazo. Sara colabora coa Protectora de animais que Lela Soaxe leva adiante dende hai moitos anos no Morrazo co seu propio esforzo, sen contar moitas veces co suficiente apoio dos políticos da comarca (agás para sair na foto da prensa ou en discursos nos que falta por demostrar a implicación sincera), facendo unha inmensa labor que necesita melloras das escasas ou anladas axudas institucionais para unha infraestructura que lle permita exercer esa labor altruista e a das suas colaboradoras atendendo aos moitos cans abandonados polos nosos veciños.
Nestas datas tamém podemos ver algunhas fotografías de actividades realizadas na Escola María Soliña da India en 2010, un proxecto realizado grazas as aportación e o voluntariado dunha ONG honesta nada en Cangas e que leva adiante unha escola que alimenta e educa a perto de 500 nenas e nenos dunha pobre rexión aillada da India que depende das colleitas de arroz e o inestabel clima para sobrevivir. As fotografías pretenden ademais de aportar donativos, deixar patente un bo xeito de levar a cabo un proxecto, cunha ong de Fondo de amigos ao que a canguesa Neneta Herrero adicase dende hai anos en corpo e alma cunha práctica e resultados dignos de ser exportados.

Cartaz da exposición de Sara del Valle Encantado para a Protectora de animais do Morrazo e Calendario con fotografía de Joseba3003 para a ONG galega www.shangaindia.org