Bacharelato de Artes de Burela (Lugo)

O pasado xoves 14 de xaneiro de 2010 recibimos a visita dos alumnos e profesores do bacharelato Artístico do IES Monte Castelo de Burela (Lugo). Unha actividade plausible e de agradecer coa que os seus profesores teñen a iniciativa de celebrar o próximo ano o 10º aniversario desta modalidade educativa, que se imparte en 13 institutos de Galicia, e o ánimo de aunar esforzos entre os departamentos de debuxo de todos eles. Gracias e Sorte! +FOTOS
Cartaz premiado de Alba Currás
Parabéns a Alba Currás que gañou estes dias un premio no certame de carteis sobre os dereitos das persoas consumidoras convocado polo Instituto Galego de Consumo e a Consellería de Educación. O Cartaz foi realizado na asignatura de Fundamentos do deseño de 2° curso de Bacharelato de Artes do noso centro impartida por Alberto Pena.
WEB O GRAVADO Técnicas de expresión gráfico-plásticas
Web sobre o gravado realizada, grazas a unha licenza de estudos, polo Webmaster do noso blog no ano 2007 e que agora podese visualizar polos usuarios da nosa bitácora. O contido vai dirixido a unha exploración desta técnica artística, a sua historia, as suas técnicas máis conhecidas, exemplos de aplicación na aula (que fixeronse cos alumnos de 2º de bacharelato de artes do IES María Soliño do curso 2006-2007); e tamén contén ligazóns e bibliografía.
VIDEO: Visita á exposición
Banda Sonora do grupo SEGURIDAD SOCIAL cunha estupenda versión da canción "Acuarela" de Toquinho e Vinicius de Moraes a ritmo de reggae. Gracias!
Enlace al artículo del periódico Faro de Vigo: "La antesala de jóvenes artístas" noticia sobre la exposición.
textos do curso 2008/09
Cando se me pediu que realizase un pequeno texto sobre a mostra das obras dos alumnos do Bacharelato de Artes, intentei lembrarme dos motivos polos cales escollín dito Bacharelato. Pensei en como diversos artistas deixaron pegada na miña forma de ser, en como me afectaron á hora de avaliarme como persoa.
Pensei na grandiosidade de Miguel Anxo, nas investigacións de DaVinci, no “laicismo” de El Greco, na minuciosidade de Velázquez, nas inquedanzas de Goya, na Velocidade de Turner, na súa Chuvia, no seu Vapor...
Tamén me lembrei dos almorzos de Manet, na Impresión de Monet, na expresividade e expresionismo de Munch, nas reivindicacións de Kandinski, nos impulsos de Pollock, nos cálculos de Mondrian, nos soños de Dalí, e lembreime, por suposto, da forza de Picasso.
Lembreime de todas e cada unha das súas obras, de todos eses artistas que me fixeron pensar, que igual tamén eu teño algo que dicir.
Todo isto se ve reflexado nesta exposición, na que os meus compañeiros e eu tratamos de ir máis aló, tratamos de ensinar unha parte de nós. Oxalá disfruten desta exposición, e oxalá lles guste.
Jairo Rguez. Portela 1ºA(curso 2008-09)
Como alumna do bacharelato de artes gustaríame dicir que esta é unha especialidade de bacharelato moi pouco valorada, xa que se considera a vía máis fácil, pero creo que isto non e verdade dado que se non tes creatividade ou senón dispós de facultades para deixar desenrolar a túa imaxinación, e moi difícil sacalo adiante.
Iris Lemos Malvido 1ºA
O bacharelato de artes é algo pouco considerado, xa que a xente o colle por facilidade, pero iso non é certo, xa que se non che gusta a arte é tan complicado como os demáis bacharelatos.
Neste bacharelato aprendes a interpreta-la arte e a entendela, despois pódese levar á práctica e de aí a nosa exposición no Auditorio de Cangas. Este ano non expusemos unha seleción de traballos feitos na aula senon que creamos obras para esta exposición. Quixemos facelo de outra forma, só con pintura. Pero iso non é todo, outra novedade é que as obras podense mercar.
Eu quero que a xente se anime a ver os cadros e que se arrimen máis á Arte.
Clara Alfonso Pazó 2ºA
Ti tamen podes remitir un artigo ou comentario a bacharelato.de.artes@gmail.com
Accesos que da o Bacharelato de Artes
Titulacións ás que da acceso o BACHARELATO DE ARTES: AS FAMILIAS PROFESIONAIS
Artes gráficas
Comunicación, imaxe e son
Edificación e obra civil
Madeira e moble
Imaxe persoal
Textil, confección e pel
Vidrio e cerámica
A OFERTA FORMATIVA
Familias Profesionais
Ciclos Formativos Superiores de Formación Profesional
Artes Gráficas
-. Deseño e producción editorial
-. Producción en industrias de artes gráficas
Comunicación, Imaxe e Son
-. Realización de audiovisuais e espectáculos
-. Producción de audiovisuais, radio e espectáculos
-. Imaxen
-. Son
Edificación e Obra Civil
-. Desenrolo e aplicación de proyectos de construcción
-. Desenrolo de proxectos urbanísticos e operacións topográficas
-. Realización e planes de obra
Imaxe Persoal
-. Asesoría de imaxe persoal
-. Estética
Madeira e Moble
-. Desenrolo de productos de carpintería e moble
-. Producción de madeira e moble
-. Producción de madeira e moble
Vidrio e Cerámica
-. Desenrolo e fabricación de productos cerámicos
-. Fabricación e transformación de productos de vidrio
-. Fabricación e transformación de productos de vidrio
NOVOS CICLOS E CICLOS MODIFICADOS
- Técnico superior en patronaxe e moda
Familia Profesional
Ciclos Formativos Superiores
Xoiería de Arte
Xoiería artísticaOrfebrería e platería artísticasBisuteria artística
Esmaltes Artísticos
Esmalte artístico ó lume sobre metais
Arte Floral
Artes aplicadas ao Muro
Artes aplicadas ao muro
Mosaicos
Mosaicos
Deseño Gráfico
Ilustracións
Fotografía artística
Gráfica publicitaria
Fotografía artística
Gráfica publicitaria
Deseño Industrial
Modelismo e maquetismoIndustrial Mobiliario
Deseño de Interiores
Proxectos e dirección de obras de decoración - Arquitectura efímera - Escaparatismo - Amoblamento - Elementos de xardín
Cerámica Artística
Cerámica artística - Modelismo yematricería - cerámica - Pavimentos e revestimintos cerámicos
Artes Aplicadas á Indumentaria
Estilismo de indumentaria - Modelismo de indumentaria
Artes Aplicadas ao Libro
Gravado e técnicas de estampación
Edición de arte - Encadernación artística
Edición de arte - Encadernación artística
Textís artísticos
téxtil Encaixes artísticos Bordados e reposteiros Estampacions e tintados artísticos Estilismo texidos de calada Texidos en baixo lizo Colorido de coleccions
Artes Aplicadas da Escultura
Artes aplicadas da pedra
Artes aplicadas da madeira
Artes aplicadas do metal
Vidrio artístico
Artes do vidrio
Vidrieiras artísticas
Estudios universitarios aos que da acceso:
Licenciado, Arquitecto ou Inxenieiro:
Belas Artes
Historia
Historia da Arte
Diplomado, Arquitecto técnico ou Inxeniero técnico:Inxeniería Técnica en Deseño Industrial
Títulos Propios:Graduado en Inxeniería do Deseño Industrial e desenvolvemento do Producto
Titulacions ás que se pode acceder dende calquera modalidade de bacharelato:
Licenciado, Arquitecto ou Inxeniero:
Dereito
Ciencias da Actividade Física e o Deporte
Ciencias Políticas e da Administración
Comunicación Audiovisual
Filosofía
Xeografía
Humanidades
Pedagoxía
Periodismo
Psicoloxía
Publicidade e Relacions Públicas
Socioloxía
Traducción e Interpretación
Diplomado, Arquitecto técnico ou Inxeniero técnico:
Biblioteconomía e Documentación
Educación Social
Xestión e Administración Pública
Logopedia
Mestre (todalas especialidades)
Relacions Laborais
Terapia Ocupacional
Traballo Social
Turismo
Títulos Propios:Graduado en Artes e Deseño
Graduado en Aviación Comercial.
Piloto comercial
Graduado en Criminoloxía e Política CriminalGraduado en Comunicación e Relacions Públicas
Graduado en Dirección Hoteleira
Graduado en Estudos Inmobiliarios e da Construcción
Graduado en Medios audiovisuais
Graduado en Fotografía e creación dixital
Graduado en Investigación Privada
Graduado en Multimedia
Graduado en Prevención e Seguridade Integral
Graduado en Realización Audiovisual e Multimedia
Graduado en Tributario e Contable
Graduado Superior en Cine e Audiovisuais
Graduado Superior en Comercio Internacional
Graduado Superior en Deseño
Graduado Superior en Xestión de Empresas Aeronáuticas e Operacions Aéreas
Graduado Superior en Imaxe
Graduado Superior en Aviación Comercial.
Piloto de transporte de liña aérea

Para visualizar cadro a cadro da expo do 2009 e poder contactar con cada un dos autores tes que premer un pouquiño máis abaixo en Entradas Antiguas consecutivamente.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)










