Mostrando entradas con la etiqueta artigo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta artigo. Mostrar todas las entradas

Lenguaje audiovisual en clase y formas de evaluación. Entrevista.


Sumar na educación para mellorar a aprendizaxe.

Nestes intres docentes, adiministracións comprometidas, e o alumnado vémonos inmersos en novos procesos e paradigmas educativos nun esforzo engadido a nosa labor educativa coa finalidade de superar o fracaso escolar e adaptarnos aos novos sistemas e ferramentas que temos a nosa disposición coa revolución das comunicacións e aplicacións informáticas.


innovacións educativas

¿Por qué estudan Artes?

Cinco estudiantes de 1º de bacharelato responden a esta pregunta recen iniciado o curso 2013-2014 facendo o primeiro exercicio práctico para a asignatura Cultura Audiovisual.
(preme na imaxe)


¿Por qué estudar Artes? Alumnados de 2008 ao 2014

curso 2012-2013 debuxo artístico I


Alumnos do grupo 1ºB de Artes Plásticas do IES María Soliño na súa aula para debuxo artístico I. Renovarase este ano coas súas achegas o blog  destinado a  entradas para http://debuxoartistico.blogspot.com.es tamén con recursos renovados.

Artigos do Faro de Vigo, Xeado de Toxo e Morrazo Tribuna relacionados co Concerto Benéfico Solidario de #Expoartes2012

Ligazón aos artigos publicados no Faro de Vigo relacionados coa exposición e Concerto Solidario dos Alumnos de Artes do IES María Soliño coa Escola María Soliña da India:
Me pongo a pintarte y... lo consigo - Faro de Vigo


"En la escuela recibo más de lo que doy"

foto: Luis García Crego



Tamén nas edicións do guieiro do Morrazo Xeado de Toxo e Morrazo Tribuna publicaron o seguientes artigos sobre os eventos #expoartes2012:








Unha gran muller dun gran home

A obra non pasa desapercibida pola súa calidade e a súa talla: «Uns cinco metros e medio de alto e uns catro metros de largo», sinalou o pintor. A gran altura da «Muller de Coslada» débese, ademais da os seus cinco metros e medio de lonxitude, a que  atopase situada sobre «un peralte dun metro de alto». Ademais, López solicitou que a colocasen coa cara en sentido á saída do sol.



Despois dun ano de traballo Antonio López recoñeceu que durante o proceso de creación desta escultura asaltáronlle dúas dúbidas importantes. A primeira sobre o tamaño da mesma xa que temía que puidese resultar «agresiva». A segunda foi «a desnudez» do torso da bela e moza modelo que copiou dunha «alumna da Facultade de Belas Artes», institución que frecuenta o pintor. A fisionomía da actual escultora «coincidiu» e inclusa «era mellor» con respecto á idea que el xa tiña en mente para levala a cabo.
O busto está inspirado no retrato dunha copia "exacta a escala dunha modelo preciosa". O artista recoñece que "é algo que non se pode inventar, aínda que o xesto afasta a escultura do retrato obxectivo. A escultura medrou con naturalidade e o colo e tórax confiren á muller un toque enigmático e con moita presenza."
O autor non se cansa de observar, con modestia, a súa creación. "Lo más importante, afirma o escultor de Tomelloso, es LLegar a hacer esta escultura a mis 74 años, quizás con menos años no hubiera conseguido tanta naturalidad" (Varias fontes)



Coaching para estudantes

Os estudantes enfrontanse a unha inmensa presión e demanda nun medio actual de ritmo rápido e competitivo. Espérase deles que logren boas cualificacións, espérase que realicen actividades extraescolares, e ao mesmo tempo espérase que logren equilibrar unha exitosa vida social e familiar. Cando eles non son capaces de facelo, poden comezar a experimentar unha baixa autoestima, un permanente foco en pensamentos negativos e por conseguinte a perda de motivación para acadar as súas propias metas.

Empresarios coma o chileno Pablo Menichetti propoñen incluso métodos e técnicas para apoialos cunha empresa formada en Singapur adicada a estudar as últimas tecnoloxías educacionais co obxectivo de axudar aos estudantes a lograr mellores resultados, desenvolver a súa Intelixencia Emocional (IE) e entregarlles ferramentas de vida para ter éxito nunha sociedade global e competitiva. Os obcxetivos son desenvolver maior confianza e autoestima, ser automotivado e orientado aos resultados, acadar resultados académicos de excelencia, desenvolver alta intelixencia emocional, entender o rol dos pais, aprender a importancia da familia e a importancia dos valores que estes novos educadores ou gobernantes estimen fundamentais e a buscar permanentemente a excelencia nas súas vidas. Fonte: Chile.com
O perigo podería surxir si as metas convertense en obcxetivos estresantes polo que cabe ter moito coidado na aplicación dos métodos que dende hai décadas empreganse para a formación no mundo empresarial no que se obtiveron grandes resultados  e que na actualidadeque agora extrapolanse a outras actividades e obcxetivos da vida cotidiana.

Reflexións sobre a Transdiciplinariedade e a "sociedade da zancadilla" y "La generación sofá o sillón"





O emprego de recursos informáticos e novos métodos pedagóxicos en centros públicos de ensino avanza con contagotas. Nalgúns casos é a falta de equipos adecuados na aula por mor das afinidades que cos usuarios teñan os/as distribuidores/as, a falta de motivación (ou exceso) de parte do profesorado (algúns mesmo até poñen trabas por competencia ou excepticismo) ainda que tod@s imos superandonos, e ainda que hai materiais dispares para ofrecer ao alumnado, non conseguen que estes mostren o interese desexado. Con todo o avance por sorte é inevitable quizais noutro sistema educativo, xa que o que agora empregamos nos deixa no segundo posto no ranking de maior fracaso escolar en Europa, e co mesmo esforzo Podemos chegar a ser primeiros. Cabería analizar outras causas como o desemprego por mor da crisis creada polos mercados financieros que fan que os rapaces se crean que elen teñen que asimilar un futuro peor que o de seus pais e eu tamén penso que poderiamos catalogar esta xeración de rapaces do 1º mundo como "La generación sofá o sillón" polo acomodada que se atopa grazas a esforzos doutros. A meirande parte deles e no entorno laboral da nosa península chegan a opinar por exemplo que os profesores cobran moito ou teñen demasiadas vacacións cando non se decatan que a realidade é que hai que loitar por conseguir melloras para todos sen dar pasos para atrás e que é posible coas iniciativas alternativas emerxentes.

Non debemos confundir complicación con complexidade