
Despois dun ano de traballo Antonio López recoñeceu que durante o proceso de creación desta escultura asaltáronlle dúas dúbidas importantes. A primeira sobre o tamaño da mesma xa que temía que puidese resultar «agresiva». A segunda foi «a desnudez» do torso da bela e moza modelo que copiou dunha «alumna da Facultade de Belas Artes», institución que frecuenta o pintor. A fisionomía da actual escultora «coincidiu» e inclusa «era mellor» con respecto á idea que el xa tiña en mente para levala a cabo.
O busto está inspirado no retrato dunha copia "exacta a escala dunha modelo preciosa". O artista recoñece que "é algo que non se pode inventar, aínda que o xesto afasta a escultura do retrato obxectivo. A escultura medrou con naturalidade e o colo e tórax confiren á muller un toque enigmático e con moita presenza."