Mostrando entradas con la etiqueta Juan Molina. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Juan Molina. Mostrar todas las entradas

Convocatoria para o Fanzine do Bacharelato de Artes

ilustración de Juan Molina Fernández

Convocatoria para toda a comunidade educativa do IES María Soliño. O Fanzine que editarase este curso baixo a dirección de Juan Molina Fernández, debuxante e alumno do Bacharelato de Artes, non necesita máis colaboradores porque temos de abondo cos alumnos de debuxo artístico II. Ainda así estariamos encantados de contar con colaboracións voluntarias. A única premisa e que pode ser un artigo, debuxo, viñeta, poesia, caligrama, banda deseñada, collage, foto-montaxe etc que teña que ver con calquera cuestión que sexades capaces de relacionar con calquera expresión artística. Baixo a filosofía do Fanzine que é unha publicación independente e sen censuras. Dependerá da vontade da xente creativa  Podense entregar as achegas directamente ao director da revista, na aula 7B taller2 ou ao mail bacharelato.de.artes@gmail.com http://revistadixitaldearte.blogspot.com/.

"Belicosario" de Juan Molina Fernández

Xa contamos coa última publicación de Juan Molina Fernández editada por A.C. "Entre Bambalinas". O xoven debuxante nado en Madrid en 1993 estuda Artes no IES María Soliño. Conta no seu curriculum con tres premios nos Certames de Comic de Cangas (Pontevedra) nos anos 2006, 2008 e 2010. Realizou en 2008-2009 unha adapatación das Cantigas de Santa María, de Alfonso X, para o Verbum de Vigo, e nos dous últimos anos expuso nas Colectivas de Artes no Auditorio Municipal de Cangas, na ágora do María Soliño, e na Galería O Faiado de Ribeira. É colaborador do Obradoiro Taller de Curtametraxe e Animación María Soliño con varias animacións elaboradas coa técnica de stop motion. A Banda Deseñada "Belicosario" está basada na obra homónima do dramaturgo Manuel Lourenzo.

Juan Molina Fernández

Mostra de algunhas creacións do alumno de 2º de Artes do María Soliño galardoado no Certame da Semana de Comic de Cangas 2010. Máis animacións en http://animablog.blogspot.com

"SUBSUELO" e "EL MONO ROJO" de Juan Molina Fernández (curtametraxe de animación)

Un dos novos valores artísticos do noso insti é Juan Molina Fernández. Foi galardoado recentemente no XIV Salón do Cómic de Cangas e preséntanos a última hornada do seu laboratorio de animación. Na actualidade (novembro do 2010) cursa 2º de Bacharelato de Artes no IES María Soliño. Podedes atopar o seguinte capítulo e mais das suas creacións no blog  taller de animación LINK