"Belicosario" de Juan Molina Fernández

Xa contamos coa última publicación de Juan Molina Fernández editada por A.C. "Entre Bambalinas". O xoven debuxante nado en Madrid en 1993 estuda Artes no IES María Soliño. Conta no seu curriculum con tres premios nos Certames de Comic de Cangas (Pontevedra) nos anos 2006, 2008 e 2010. Realizou en 2008-2009 unha adapatación das Cantigas de Santa María, de Alfonso X, para o Verbum de Vigo, e nos dous últimos anos expuso nas Colectivas de Artes no Auditorio Municipal de Cangas, na ágora do María Soliño, e na Galería O Faiado de Ribeira. É colaborador do Obradoiro Taller de Curtametraxe e Animación María Soliño con varias animacións elaboradas coa técnica de stop motion. A Banda Deseñada "Belicosario" está basada na obra homónima do dramaturgo Manuel Lourenzo.