Mostrando entradas con la etiqueta Fotografía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Fotografía. Mostrar todas las entradas

Os Rostros do Comercio Xusto


En Novembro do 2012 contamos coa exposición de fotografías do fotoxornalista vigués Miguel Núñez.
Esta mostra de máis de 30 fotografías en cor e branco e negro  amosanos unha visión do comercio cunha óptica solidaria. As ongs Agareso e Amarante Setem levan adiante proxectos de cooperación en varios paises. O martes 13 de novembro deron unha charla ó alumnado de Cultura Audiovisual do Bacharelato de Artes Plásticas, Escénicas e Música do instituto Morracense, coa proxección do seu documental "Pequenas doses de supervivencia: Os rostros do comercio xusto ecuatoriano". Os relatores son Carmen Novas de Agareso e Xulio Troitiño de Amarante Setem. O IES María Soliño sito en Monte Carrasco, Cangas, acolle esta visión artística, esperanzadora e de conciencia social positiva que achéganos o comercio xusto con Ecuador na ágora do centro.



Carmen de Agareso e Xulio de Amarante Setem con alumnos de Cultura Audiovisual.

Esta fotografía da exposición fixoa Gonzalo Nuñez, fotoxornalista do Faro de Vigo e irmán do autor da reportaxe en Ecuador Miguel Núñez