Exposición e conferencia: Escenografía: "a arquitectura dos soños" da ESAD de Galicia.



O profesor de escenografía da ESAD de Vigo, Eufrasio Lucena-Muñoz, deu hoxe, 8 de abril do 2014, unha conferencia no auditorio da Casa da Cultura de Cangas á que asistimos co noso alumnado do bacharelato de Artes do IES María Soliño. O relator fixo un percorrido moi interesante e didáctico. Foi unha ponencia "master class" na que aprendimos moito sobre a relación dos artístas plásticos das vangardas coa linguaxe narrativa, co teatro e as artes escénicas. Amosounos unha boa cantidade de información ben estructurada para que decatáramosnos da importancia do traballo en equipo dos artistas, as fusións e as aportacións dos pioneros. Amosounos tamén dous libros moi importantes que temos a sorte de ter na  Biblioteca Municipal de Cangas. Asistiu alumnado de 1º e 2º dos bacharelatos de Artes Plásticas, Escénicas e Música de Cangas acompañados por dous profesores de Artes Plásticas, Alberto mais eu, e o organizador da saída: Pedro Pablo Riobó (artes escéncias).
Antón Lamapereiro (organizador do evento, é Director da Revista Galega de Teatro (RGT) e grazas á Asociación "entre bambalinas", a ESAD, e o Concello de Cangas esta exposición pódese visitar gratuitamente. 
Para nos foinos de grande interese para coñecer esta especialidade que pódese estudar na ESAD e cabe destacar da ponencia a amplitude de miras sobre a interelación entre todalas artes e os documentos e videos que mostráronse.
Puidemos tambén disfrutar das maquetas realizadas polo alumnado de Escenografía.


maqueta


lienzo para fondo


maqueta de escenario

Exposición organizada con Traballos dos alumnado da especialidade de Escenografía da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD). Patrocinada por RGT (revista gallega de teatro) e o Concello de Cangas. 

exposición do 8 ao 21 de abril do 2014
BIBLIOTECA MUNICIPAL
CANGAS DO MORRAZO
Praza de San Xoán nº10


AVIGNON
Les peintres et le theatre
(théatre en Europe)

ART and the STAGE
Painters and Sculptors work for the Theater
Libros de consulta na Biblioteca Municipal de Cangas




Eufrasio Lucena-Muñoz
PROFESOR DE ESCENOGRAFÍA NA ESAD

PRENSA:

Formación
Para o alumnado que acada o título de bachiller e para graduados:






http://prezi.com/hyhtl0kov-ry/el-teatro-de-los-pintores-relacion-entre-artes-plasticas-y-escenicas/#
"El teatro de los pintores. Relación entre las artes Plásticas y Escénicas"
de Eufrasio Lucena-Muñoz