Mostrando entradas con la etiqueta arte solidario. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta arte solidario. Mostrar todas las entradas

Festival Escolas do Mundo do proxecto de colaboración 2013-1014



Proxecto de colaboración e cooperación en marcha do IES María Soliño coa ONG Shangaindia e Umasankar Vidyalaya School. Vanse sumando participantes e colaboradores como a asociación Juan XXIII. Este proxecto culmina cun Festival benéfico a favor da escola da India o día 7 de xuño do 2014 no Auditorio Municipal de Cangas. O Festival está aberto a calquera colaboración artística e suxerencias para dita gala. Máis información:





Os Rostros do Comercio Xusto


En Novembro do 2012 contamos coa exposición de fotografías do fotoxornalista vigués Miguel Núñez.
Esta mostra de máis de 30 fotografías en cor e branco e negro  amosanos unha visión do comercio cunha óptica solidaria. As ongs Agareso e Amarante Setem levan adiante proxectos de cooperación en varios paises. O martes 13 de novembro deron unha charla ó alumnado de Cultura Audiovisual do Bacharelato de Artes Plásticas, Escénicas e Música do instituto Morracense, coa proxección do seu documental "Pequenas doses de supervivencia: Os rostros do comercio xusto ecuatoriano". Os relatores son Carmen Novas de Agareso e Xulio Troitiño de Amarante Setem. O IES María Soliño sito en Monte Carrasco, Cangas, acolle esta visión artística, esperanzadora e de conciencia social positiva que achéganos o comercio xusto con Ecuador na ágora do centro.



Carmen de Agareso e Xulio de Amarante Setem con alumnos de Cultura Audiovisual.

Esta fotografía da exposición fixoa Gonzalo Nuñez, fotoxornalista do Faro de Vigo e irmán do autor da reportaxe en Ecuador Miguel Núñez


Imaxes de Arte Solidaria: A India, un ollar solidario

Shanga India presenta en setembro en Cangas e Vigo a estrea do documental "Un anaquiño do ceo" de Luis García Verdú nun evento con música presentado pola actriz Uxía Blanco para axudar as nenas e nenos da Escola María Soliña da India. Co mesmo fin do 14 ó 29 de setembro ten lugar a Exposición "A India, un ollar solidario" con fotografías de Luis García Crego, Lydia Soage Miranda, David Russel, Javier Teniente, Mónica Massó e Joseba García Plazuelo na Capela do Hospital en Cangas de Morrazo (Pontevedra)
carátula do DVD solidario "un trozo de cielo"

información en 



EXPOSICIÓN SOLIDARIA e CONCERTO BENÉFICO


Fotografía de grupo durante a montaxe da XII exposición dos alumnos de Artes María Soliño do 2012.
Este ano para conmemorar o bacharelato de Artes Escénicas e Música sumado ó de Artes Plásticas celebrase un concerto benéfico a favor da Escola María Soliña da India e se houbera venda de cadros o alumnado comprometese a donar un 20% do prezo para as nenas e nenos da Escola María Soliña da India. O concerto do Venres 20 ás 21:00 no Auditorio Municipal de Cangas será para beneficio integro de dita escola.
máis info en:

Familias do Morrazo que expoñen ao completo este Nadal

Destacaron por orixinalidade os uruguayos oriundos Claudia e o seu pai Walter Branca con pinturas coa técnica oriental do batik, e fotografías e foto-composicións de Joseba en catro espazos saudables diferentes de Vigo, Cangas e Gondomar. Máis información facendo click en cada un dos nomes.


Acrílico e técnica mixta sobre tela de Joseba García Plazuelo e cartaz para as exposición fotográficas 





Cartaz de Claudia Branca



As actividades solidarias estes dias de Nadal  para concienciar sobre organizacións necesitadas da nosa axuda levadas por colectivos con proxectos plausibles nados na nosa península do Morrazo. Sara del Valle colabora coa Protectora de animais que Lela Soaxe leva adiante dende hai moitos anos no Morrazo co seu propio esforzo e facendo unha inmensa labor.



Entre as achegas artísticas deste nadal destacaron as seguintes iniciativas solidarias:

vivir. 
Cartel da exposición de Sara del Valle Fernández, xunto con máis fotógrafos para a Protectora de animais do Morrazo e  Calendario con fotografía de Joseba3003 para a ONG galega www.shangaindia.org