En Novembro do 2012 contamos coa exposición de fotografías do fotoxornalista vigués Miguel Núñez.
Esta mostra de máis de 30 fotografías en cor e branco e negro amosanos unha visión do comercio cunha óptica solidaria. As ongs Agareso e Amarante Setem levan adiante proxectos de cooperación en varios paises. O martes 13 de novembro deron unha charla ó alumnado de Cultura Audiovisual do Bacharelato de Artes Plásticas, Escénicas e Música do instituto Morracense, coa proxección do seu documental "Pequenas doses de supervivencia: Os rostros do comercio xusto ecuatoriano". Os relatores son Carmen Novas de Agareso e Xulio Troitiño de Amarante Setem. O IES María Soliño sito en Monte Carrasco, Cangas, acolle esta visión artística, esperanzadora e de conciencia social positiva que achéganos o comercio xusto con Ecuador na ágora do centro.
Carmen de Agareso e Xulio de Amarante Setem con alumnos de Cultura Audiovisual.
Esta fotografía da exposición fixoa Gonzalo Nuñez, fotoxornalista do Faro de Vigo e irmán do autor da reportaxe en Ecuador Miguel Núñez