Reflexións sobre a Transdiciplinariedade e a "sociedade da zancadilla" y "La generación sofá o sillón"





O emprego de recursos informáticos e novos métodos pedagóxicos en centros públicos de ensino avanza con contagotas. Nalgúns casos é a falta de equipos adecuados na aula por mor das afinidades que cos usuarios teñan os/as distribuidores/as, a falta de motivación (ou exceso) de parte do profesorado (algúns mesmo até poñen trabas por competencia ou excepticismo) ainda que tod@s imos superandonos, e ainda que hai materiais dispares para ofrecer ao alumnado, non conseguen que estes mostren o interese desexado. Con todo o avance por sorte é inevitable quizais noutro sistema educativo, xa que o que agora empregamos nos deixa no segundo posto no ranking de maior fracaso escolar en Europa, e co mesmo esforzo Podemos chegar a ser primeiros. Cabería analizar outras causas como o desemprego por mor da crisis creada polos mercados financieros que fan que os rapaces se crean que elen teñen que asimilar un futuro peor que o de seus pais e eu tamén penso que poderiamos catalogar esta xeración de rapaces do 1º mundo como "La generación sofá o sillón" polo acomodada que se atopa grazas a esforzos doutros. A meirande parte deles e no entorno laboral da nosa península chegan a opinar por exemplo que os profesores cobran moito ou teñen demasiadas vacacións cando non se decatan que a realidade é que hai que loitar por conseguir melloras para todos sen dar pasos para atrás e que é posible coas iniciativas alternativas emerxentes.

Non debemos confundir complicación con complexidade