Comentarios: textos do curso 2008-2009

Cando se me pediu que realizase un pequeno texto sobre a mostra das obras dos alumnos do Bacharelato de Artes, intentei lembrarme dos motivos polos cales escollín dito Bacharelato. Pensei en como diversos artistas deixaron pegada na miña forma de ser, en como me afectaron á hora de avaliarme como persoa.
Pensei na grandiosidade de Miguel Anxo, nas investigacións de DaVinci, no “laicismo” de El Greco, na minuciosidade de Velázquez, nas inquedanzas de Goya, na Velocidade de Turner, na súa Chuvia, no seu Vapor...
Tamén me lembrei dos almorzos de Manet, na Impresión de Monet, na expresividade e expresionismo de Munch, nas reivindicacións de Kandinski, nos impulsos de Pollock, nos cálculos de Mondrian, nos soños de Dalí, e lembreime, por suposto, da forza de Picasso.
Lembreime de todas e cada unha das súas obras, de todos eses artistas que me fixeron pensar, que igual tamén eu teño algo que dicir.
Todo isto se ve reflexado nesta exposición, na que os meus compañeiros e eu tratamos de ir máis aló, tratamos de ensinar unha parte de nós. Oxalá disfruten desta exposición, e oxalá lles guste.
Jairo Rguez. Portela 1ºA(curso 2008-09)

Como alumna do bacharelato de artes gustaríame dicir que esta é unha especialidade de bacharelato moi pouco valorada, xa que se considera a vía máis fácil, pero creo que isto non e verdade dado que se non tes creatividade ou senón dispós de facultades para deixar desenrolar a túa imaxinación, e moi difícil sacalo adiante.
Iris Lemos Malvido 1ºA

O bacharelato de artes é algo pouco considerado, xa que a xente o colle por facilidade, pero iso non é certo, xa que se non che gusta a arte é tan complicado como os demáis bacharelatos.
Neste bacharelato aprendes a interpreta-la arte e a entendela, despois pódese levar á práctica e de aí a nosa exposición no Auditorio de Cangas. Este ano non expusemos unha seleción de traballos feitos na aula senon que creamos obras para esta exposición. Quixemos facelo de outra forma, só con pintura. Pero iso non é todo, outra novedade é que as obras podense mercar.
Eu quero que a xente se anime a ver os cadros e que se arrimen máis á Arte.
Clara Alfonso Pazó 2ºA

Podense remitir artigos ou comentarios a bacharelato.de.artes@gmail.com ou directamente facendo click en comentarios debaixo de cada entrada.