Volume


Selección de maquetas escultóricas e exercicios de volume realizados polo Bacharelato de Artes do IES María Soliño de Cangas no curso 2004-2005, nunha das materias eliminadas pola última reforma educativa (Volume II, Taller artístico I e II, e Imaxe) e substituídas por outras non propias da modalidade. Son obras de: Noemí Blanco, Laura Chapela, Rebeca Fernández, Yésica Fervenza, Iria García, Eva González, Verónica Martinez, Adriana Novas, e Aynara Pereiro. Alumnas de Bueu, Cangas e Moaña. A música de fondo son fragmentos da canción Ingrávida do album Sihá de Mercedes Peón.