O Bacharelato de Artes cumpre 10 anos


O Instituto Ignacio Zuloaga de Eibar (Guipuzkoa) cumpre tamén dez anos de impartir o bacharelato artístico.. Agora contase con máis centros que con esta modalidade de ensino tratan de romper a dicotomía entre Ciencias e Letras. Os seus resultados son moi prometedores ao seguir as clases unha media de 50 alumnos ao ano.
Os resultados do curso plásmanse na rica exposición que abriron nos últimos anos en Portalea. A súa mostra conta cunha media de 45 traballos en debuxo, escultura, barro, fotografía, pintura, así como noutros materiais, en que móstrase o traballo dos alumnos. Do mesmo xeito que nos tres bacharelatos, o artístico conta no primeiro e segundo curso cun bloque de cinco materias comúns. As materias específicas do Bacharelato neste centro son: volume, técnicas gráficas, debuxo artístico, estética e debuxo técnico, estas dúas últimas optativas. O seu plan de estudos: (link)
Hai que ter en conta que  contabilizanse preto de 30 carreiras que poden ser cursadas polos alumnos que superen o Bacharelato Artístico, máis outras catro específicas. Pódese facer Maxisterio, Xornalismo, Pedagoxía, Sicología, Publicidade, Traballo e Educación Social, Comunicación Audiovisual, Historia, Enxeñerías Técnicas, entre outras. Porén, o Bacharelato Artístico abre tamén posibilidades cara á área de deseño e produción audiovisual e outras profesións de imaxe e editoras. Fonte
Por iso as posibilidades de inserción laboral son amplas. Coa nova lei trátase de incorporar a danza e artes escénicas que tratarase tamén de impartir no María Soliño


En 2011 tivemos a sorte de visitar Eibar nunha excursión que fixemos a Euskal Herría visitando Bilbao e arredores, e Alfa-Arte e o Bacharelato de Artes do IES Ignacio Zuloaga. Grazas ao epartamento de debuxo polo recibimento amosado. Estan todos invitados a visitarnos a Cangas. Unha aperta