A animación coa técnica Stop Motion: Recursos para docentes e alumnado de ensino secundario e ciclos formativos.

Na web Stop Motion Now comparto recursos que elaborei para aprender a facer animacións coa técnica stop motion e outros recursos compartidos en internet por docentes e profesionais da animación. Noutros dos meus blogs redactei contidos específicos para complementar este proxecto.
Nas clases de Cultura Audiovisual de 1º de bacharelato vou engadindo as aportacións máis interesantes que vou atopando e outras tamén que surden da experimentación na aula grazas as aportación do alumnado. En Recursos Audiovisuais aparecen unidades didácticas que fun impartindo durante varios anos.
O Obradoiro de animación dos recreos con voluntarios de 1º da ESO (12 anos) a bacharelato, é onde tamén comparto as suas animacións e as nosas produccións xunto con entradas de audiovisuais e artigos sobre expertos e profesionais que nos inspiran. Nestes espazos experimentamos tamén con outras técnicas que nos sirven para facer pequenas curtametraxes, tutoriais, presentacións e exercicios sobre a linguaxe da narrativa secuencial e a semántica da comunicación audiovisual.




Comentarios e valoracións en:




INEVERYCREA     Todo o material compartese con licenza creative commons non comercial Jose Manuel García Plazuelo (Joseba)

@canalartes